Alingua nace en 2019 como asociación de entidades locais coa vontade de promover, coordinar, dinamizar, impulsar, asesorar, apoiar, fomentar... todas aquelas accións que teñan como fin un maior uso da lingua galega.
Somos socias de Alingua numerosas entidades locais que desenvolvemos políticas a prol da normalización lingüística e que contamos no noso organigrama cun servizo de normalización lingüística dedicado a executar accións concretas con este fin. Tamén poden formar parte de Alingua, como entidades amigas, aquelas entidades públicas ou privadas que teñan entre os seus obxectivos o desenvolvemento, a defensa e a promoción do uso da lingua galega.
Ver documentación