Promovemos e dinamizamos o uso da lingua galega
a través da cooperación entre entidades do ámbito local
Os concellos que impulsamos Alingua comprobamos o rendemento de colaborarmos en proxectos de dinamización da lingua (Apego, Youtubeiras, Enreguéifate, Club de Debate...). Agora contamos cun novo espazo desde o que facilitar e ampliar esta cooperación e no que xerar novas iniciativas para achegar á nosa veciñanza.
Preme nos proxectos para saber máis:
Premios, encontros, visibildiade, formación, comunidade, novos perfís...
Alingua xa ten os seus propios adhesivos, unhas linguas ben expresivas, para usar nas apps de WhatsApp e Telegram.
O Club de Debate recolle o Premio Rosalía de Castro nunha gala en que a Deputación homenaxea o mundo da cultura a través dos seus certames.