Youtubeiras

Youtubeiras é un programa colaborativo, organizado por diversos concellos, a Deputación da Coruña e as universidades galegas, dirixido a fomentar e visibilizar o uso do galego en Youtube, unha das redes sociais máis influentes do momento.

imaxe-proxecto

Cal é o obxectivo?

Youtubeiras quere encher de vídeos en galego o Youtube e a Rede, e para iso realiza obradoiros, coloquios, debates e presentacións por todo o territorio para proxectar o galego como lingua viva na rede e convoca os premios Youtubeiras que valoran os vídeos en galego desde distintas categorías e con importantes premios.

A quen vai dirixido?

Poden participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos con canles autoproducidas en galego subidas a unha canle de Youtube e sen limitacións temáticas. Poden subir vídeos sobre consellos, música, xogos, viaxes, experimentos, opinións etc.

imaxe-proxecto

Onde seguir Youtubeiras?

Pódese consultar toda a información sobre este proxecto en:

VER TODOS OS PROXECTOS