RELACIÓN CO GALEGO
A Panadaría somos tres creadoras teatrais que a través das ferramentas da comedia e a música tratamos temáticas de denuncia das desigualdades sociais e celebración da diversidade. Non nos gustaría un mundo de monocultivo, nin para a terra nin para o desexo nin, por suposto, para as linguas. A diversidade é riqueza, matices e alimento para a empatía. E por iso, aínda que medramos falando castelán, hai moitos anos que decidimos comezar a falar galego e empregalo para a vida e a creación artística porque é a nosa lingua e porque, como dicía Manuel María, o idioma é a vida, é o herdo, é o amor.
"Non nos gustaría un mundo de monocultivo, nin para a terra nin para o desexo nin, por suposto, para as linguas. A diversidade é riqueza, matices e alimento para a empatía."