Referentes

Io Morales Sánchez

Moda e artesanía
Pontevedra, 1986
Io Morales é unha artista téxtil especializada nas técnicas artesanais de tricot, gancho e bordado á man. Na actualidade desenvolve un proxecto persoal onde o deseño e a artesanía conviven coa etnoloxía e a tradición téxtil feminina. 
#ModaEArtesanía

RELACIÓN CO GALEGO

No verán que rematei o instituto, decidín facer do galego a miña lingua franca aproveitando o cambio de escena de compañeiros, amizades e mesmo de centro de estudos, xa que sabía que isto ía supoñer un cuestionamento e crítica por parte deles.  Foi unha decisión que levaba tempo cavilando. Sentía vergoña de non falar ben e con seguranza a que debía ser a miña lingua propia e da escasa presenza desta lingua na mocidade. Se non o falamos nós quen o vai falar? Daquel tempo pasaron xa case vinte anos e non houbo marcha atrás. Para min foi un punto e á parte na maneira de entender a lingua como un ser vivo, ligada coa nosa forma de ver o mundo e identificarnos nel. Agora que levo moitos anos dedicada ao mundo da artesanía,  non podo deixar de pensar na lingua  como unha parte do noso patrimonio etnolóxico, que precisa ser reparado, coidado e actualizado para a súa preservación. 
"Se non o falabamos nós quen o vai falar?"

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES