Referentes

Foto realizada por: Roberto Iglesias, @rober_photography_

Carlos Dorado Gayo, Qar

Novas tecnoloxías
Ourense, 1999
Qar é un mozo realizador audiovisual e gallardo desenvolvedor de videoxogos ourensán. Unha persoa creativa e graciosa de formación profesional. Entre os seus intereses atópanse os videoxogos, o cinema, os debuxos, o humor e o queixo. Non se descarta que esta descrición fose feita polo propio Qar.
#Videoxogos #NovasTecnoloxías

RELACIÓN CO GALEGO

Son unha persoa que goza moito das expresións artísticas en galego, comezando pola música con referentes como Os Resentidos ou O Caimán do Río Tea; pasando polo cinema e debuxos animados como o Xabarín Club e chegando até a disciplina que é a miña profesión: os videoxogos. O galego é un idioma fortemente ligado coa cultura e coa arte, máis alá – e tamén – do mundo rural e do emprego cotián no día a día. Co mundo globalizado no que vivimos cada vez as mostras de cultura americanas e europeas semella que aquí xa non temos creadores, artistas e pensadores, pero nin moito menos! Crear en galego no século XXI é unha manifestación do músculo cultural, intelectual e artístico que posuímos en Galicia dende hai moitos séculos até a actualidade, comezando con personaxes como Afonso X o Sabio, pasando por referentes como Rosalía de Castro e chegando até xuntanzas colectivas como a Xeración Nós ou o Xabarín Club.
"Crear en galego no século XXI é unha manifestación do músculo cultural, intelectual e artístico que posuímos en Galicia dende hai moitos séculos até a actualidade."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES