Referentes

Foto realizada por: Aigi Boga

Xosé A. Touriñán

Artes escénicas e cinema
Castelo, Culleredo, 1980
Son actor, cómico e produtor.
#ArtesEscénicasECinema #comedia

RELACIÓN CO GALEGO

O galego é a lingua na que soño e na que imaxino cousas. O galego é a miña forma de ser e estar no mundo. Eu tiven a sorte de medrar en galego na casa e nunca o deixei atrás. Cando traballo fóra, teño que traducir, porque penso sempre en galego. A gran loita que nos queda é que o galego non se use só na tele, na música ou nas películas, senón que o falemos cos nenos, na casa e na escola. Que o usemos no noso día a día.
"O galego é a lingua na que soño e na que imaxino cousas."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES