RELACIÓN CO GALEGO
A miña lingua é un dos elementos máis importantes que conforman a miña identidade. Aprendín a falar en galego, xoguei, amei e chorei neste idioma. Acompáñame nos vídeos por formar parte da miña existencia e tamén ten carácter reivindicativo, aínda que oxalá que isto non fose necesario.
"- O mayestro berroume porque dixen “ollo mol”. - Debeches decir “ojo blando" (Dun debuxo de Castelao. Aínda hoxe non podemos usar a nosa lingua con total liberdade na escola.)