RELACIÓN CO GALEGO
A miña relación co galego non foi doada sempre. De nai galega, de pai catalán con raíces andaluzas, nacida en Alacant, vin dar a Galicia con case oito anos. Lembro unha vergonza terrible a que me escoitasen falar galego, en parte polo meu marcado acento (non galego, precisamente)… ata ben entrado o 2016. A miña chegada a Zënzar e todos os traballos e proxectos que viñeron despois foron as razóns que me axudaron a perder esa vergonza. Realmente, a xente tiña razón: o único galego incorrecto é o que non se fala.
"Nunca é tarde para arrincar a falar e a crear en galego!"