Referentes

Esther Estévez

Comunicación
Verín, 1997
Son de Verín, estudei xornalismo na USC (e non filoloxía) e dende hai tres anos presento o #DígochoEu da TVG.
#creacióndecontido #xornalista #comunicación

RELACIÓN CO GALEGO

Tiven a sorte de nacer nun sitio no que se falaba e aínda se fala bastante o galego, e un galego moi bonito, todo hai que dicilo. Foi co paso do tempo cando entendín que isto era un privilexio. Medrei en galego aínda que foron moitas as veces nas que cambiaba ao castelán querendo adaptarme á maioría no colexio. Hoxe en día toda a miña vida é en galego. Teño a sorte tamén de poder traballar en galego. E por suposto non podo estar máis feliz por formar parte do #DígochoEu, que tantas alegrías nos ten dado.
"Síntome afortunada por medrar en galego."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES