Referentes

Foto realizada por: Xurxo Lobato

Verónica Bolón Canedo

Novas tecnoloxías
Carballo, 1984
Profesora na Universidade da Coruña e investigadora en Intelixencia Artificial.
#NovasTecnoloxías #IntelixenciaArtificial

RELACIÓN CO GALEGO

A miña relación co galego empezou desde que nacín, xa que fun criada e educada en galego. Por iso o sigo empregando e o vexo como algo normal, e por iso decidín educar os meus fillos tamén en galego, xa que é a lingua que se fala na miña casa. No ámbito laboral, aínda que moitas máis veces das que me gustaría son a única galegofalante da sala, decido empregar o galego sempre que é posible. Non teño por que avergonzarme por usar o galego nunha comunidade autónoma ou nunha universidade na que é unha lingua oficial. Eu só espero que se me respecte por falar galego, igual que eu respecto á xente que decide falar castelán en Galicia. Para min, utilizar o galego como lingua primaria é unha cuestión de dereitos, de elección propia, e de principios.
"Para min, utilizar o galego como lingua primaria en todos os ámbitos da miña vida é unha cuestión de dereitos, de elección propia e de principios."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES